Embutidos Hervella

Embutidos Hervella

Embutidos Hervella é unha empresa familiar que nace en 2013 continuando a tradición artesanal de Embutidos Vega Vizcaia en Lentallais.

Adquirindo os coñecementos, receitas, maquinaria e o bo facer de José Vega para trasladar a fábrica a nosa vida de Manzaneda, continuando alí coa elaboración de embutidos varios e salazóns, engadindo unha pizca do aire puro da serra de Manzaneda, para unha curación perfecta e un sabor único.

Se queres máis información

contácta con nos

A plantilla “Las tres HHH”

A plantilla está formada principalmente por tres primos Hervella, de ahí o selo “Las tres HHH” Adrián Hervella, José Hervella e Ruben Hervella, e unha serie de empregadas que varía según a época do ano ea cantidade de elaboración que sexa necesaria. Algunhas con máis de 15 anos de experiencia con José Vega e outras formadas por as mesmas

Métodos Artesanais

  • AFUMADO TRADICIONAL

    AFUMADO TRADICIONAL

    A elaboración de embutidos pasa por vários procesos de curación e secado, un deles e o afumado, o que nos realizamos logo dun tempo de secado nos secadeiros, realizado con leña de carballo seca carente de varías resinas que amargan no aroma e así se impregne de un gusto exquisito

  • Atado manual

    Atado manual

    Antigamente a ausencia de maquinaría moderna que permite facer embutidos de forma “robotica” enchido, atado, prensado e demáis, a xente facia todo isto a man xa que non garda o mesmo sabor un embutido feito a man que un feito por unha máquina, en “Las tres HHH” conservamos esa forma de elaboración manual e atado a man en parexa, xa que conservan esa forma uniforme e desigual e concentración do xugo dos adobos para garantir mellor sabor a hora de cociñalos e degustalos

  • Porco celta

    Porco celta

    En Manzaneda contamos cunha explotación de Porco Celta.

    Nados e criados pola asociación “Peña Lardeira” na finca de “Lubishome” con máis de 10 hectáreas, alimentados de castañas, belotas e raízes da propia finca e verzas e nabos e moitas mais cousas que alguns veciños de Manzaneda ceden ós coidadores voluntariamente.

    Comezamos a elaboración de productos destas raza de porco distinguido pola súa liña semellante ao ibérico e autoctono de Galicia dando coma resultado unha liña de embutidos, xamóns e demais exquisita, caracterizada pola sua graxa infiltrada entre a carne e a súa alimentación natural.

Entre os nosos productos destaca a androlla de costela, xa que elaboradas unha a unha a man e embutidas en tripa gorda de porco, forman as delicias dos comensais, co seu sabor único e semellando ás que se fan na casa. Tamen destacan o Botelo de bandullo e o Pigueiro de tripa cega todos eles embutidos a man un a un

Os chourizos, salchichón, lomo ceboleiros e toda clase de salados de porco, panceta, lacons, orellas, patas, soá… Son feitos seguindo a tradición que durante máis de 30 anos perfeccionou José Vega, e que agora continuamos as tres HHH para satisfacción dos nosos clientes e pra facer que eses cocidos sexan como antigamente eran as comidas na matanza tradicional, destacando o sabor do caseiro.

Localización

Podemos vernos para adquirir os nosos productos na fábrica en Manzaneda (Rúa do Regueiro Nº4) en Larouco (Calle Real 116 Baixo) ou na Praza de Abastos do Barco de Valdeorras. Tamén temos varios puntos de venta pola comarca, e enviamos por mensaxería a calquera punto da xeografía.