Da matanza ao concurso de cociña nas xornadas do Porco Celta

09 junio 2016

Da matanza ao concurso de cociña nas xornadas do Porco Celta

Coa “parva”, almorzo previo á matanza a base de embutidos, queixo, viño e licores, arrancaba a VIII edición das Xornadas Gastronómicas e de Recuperación do Porco Celta que se están desenvolvendo en Manzaneda.

Na mañá do sábado 5 de decembro, tralo aperitivo e a inauguración por parte do presidente da Asociación Porco Celta Manzaneda, Juan Hervella e do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, procedíase á matanza tradicional dun porco criado na explotación da asociación (sacrificio, pelado, lavado…), antes do xantar previsto para as 14 horas no Hostal-Restaurante O’Pendón.

De forma paralela, o pavillón polideportivo da vila acolle durante toda a fin de semana unha mostra de artesanía con produtos gastronómicos da zona (embutidos, bicas, pan, viño, queixo…) e tamén artigos de madeira, abaloiros, etc, sen esquecer un posto do Inorde (copatrocinador das xornadas xunto ao Concello de Manzaneda).

Para o domingo 6 de decembro, no mesmo recinto da mostra, está prevista a terceira edición do concurso de cociña con carne de Porco Celta.

Porco celta matanza